12 Apr CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle
Profesorado participante: 3
- Beatriz Temes: Bioloxía e Xeoloxía
- Diego Iglesias Ucha: Física e Química
- Beatriz Nieto (coordinadora): Xeografía e Historia
Alumnado participante: 32 aprox. (un agrupamento de 3ºESO e outro de 4ºESO)
O noso centro:
No Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle atopámonos entusiasmados coa incríble oportunidade de participar neste proxecto. Poder traballar as competencias STEM da man doutros centros europeos, aprender a desenvolver programas integrais, nos que o alumnado sexa o protagonista e nos que poidan afondar -de forma transversal- en tódalas competencias STEM, manter alta a motivación dos nosos estudantes, emocionar aos profesores involucrados, trasladar coñecementos novos aos compañeiros… son só algúns dos beneficios que xa estamos a observar. Moitas grazas por convidarnos a formar parte deste marabilloso proxecto!
(Visited 190 times, 1 visits today)