Spain

  • A participación en dinámicas novidosas participativas dentro do mundo STEM é unha das liñas nas que cremos que debe afondar o profesorado, para tentar manter a motivación dos estudantes, e axudalos a aproximarse de xeito máis agarimoso á ciencia. Asemade este tipo de metodoloxías cremos que axuda a desenvolver o pensamento científico e crítico nos estudantes dunha maneira máis natural, de xeito que se harmoniza as achegas acadadas no eido da neurociencia coas metodoloxías didácticas. ...

  • Coa participación neste proxecto, o que pretendemos é que o noso alumnado desenvolva as competencias STEM e acade activamente os obxectivos ODS coas actividades que poñamos en práctica dos ciclos de aprendizaxe que deseñamos. En definitiva e en esencia, buscamos que o alumnado aprenda de xeito integral e transversal, deixando de lado as parcelas estancas de coñecemento que nos impón o currículo actual....

  • O noso centro conta cunha ampla experiencia en europeos tanto eTwinning como Erasmus+ e este curso decidimos participar na pilotaxe do Erasmus+KA3 ATS STEM coa expectativa de recibir unha formación axeitada para desenvolver estratexias de traballo e avaliación das competencias STEM co noso alumnado....

  • O centro educativo EDUARDO PONDAL ten plena confianza en que o proxecto europeo ERASMUS KA3 “Assessment of Tranversal Skills in STEM aporte ferramentas ós nosos docentes e afiánce a nosa labor para crear unha comunidade de aprendizaxe, onde o respecto, a tolerancia, a integración e a cooperación sexan os principios básicos....

(Visited 561 times, 1 visits today)